VII LIGA LOCAL DE PROMOCIÓN DA ORIENTACIÓN | CONCELLO DE PORTO DO SON
Para non perder as boas costumes, para gozar do monte, para que nova xente poida acceder a este deporte, para compartir coa familia unha xornada de diversión e actividade física... Imos practicar ORIENTACIÓN!!!!
Varias probas, distintos escenarios e modalidades diferentes. Apúntaste??
En breve poñeremos máis información!
Aquí podes consutar a Normativa da Liga Local de Porto do Son 2023
Proba # 2
MONTE ENXA
2 de abril

Proba # 3
MONTE CABEIRO
7 de maio
Proba # 6
PORTOSÍN - URBANA
3 de setembro
Proba # 1
NEBRA
APRAZADA
Proba # 4
NEBRA
11 de xuño
Proba # 5
PORTO DO SON
2 de xullo

01
02
Carreiras de orientación. Que é iso?
É unha modalidade deportiva que normalmente se realiza no medio natural. Consiste en recorrer un itinerario determinado, visitando uns puntos de control nos que hai colocadas unhas balizas, ca única axuda dun mapa e, ás veces, dun compás.
Pero, a min non me gusta correr...
Non te preocupes, non é necesario. Este deporte está adaptado a tódolos niveis e ademais, na iniciación e recomendable non correr, xa que o máis importante e desenvolver a capacidade de ler o mapa. O lema deste deporte é "primeiro pensa, despois corre".
03
04
Como vai a ser esta liga?
Nas categorías de Iniciación as probas serán todas na modalidade de orientación a pé (O-Pé). Na categoría de Adestramento tentaremos introducir variantes dentro da mesma modalidade das que iremos informando puntualmente en cada unha das probas. A nosa intención é que poidamos experimentar varias das posibilidades que nos ofrece a orientación e por iso tentamos recoller tódolos gustos e preferencias dos practicantes. Mantemos os mapas que son referencia no noso concello e introducimos algún novo.
Que teño que facer para inscribirme?
-
Pincha na cabeceira desta páxina na proba na que te queres inscribir.
-
Cubre o formulario de inscrición da proba.
-
Fai o pagamento da cota que che corresponde en OPENBANK.
Nº Conta: ES08 0073 0100 5905 0538 8597
-
Envía o xustificante bancario a adcarnela@gmail.com.
ON LINE
Si tes dudas CONTACTA con nos.
05
E canto custa?
Cada participante terá que pagar, por cada unha das probas as que asista, a cantidade que mostra o cadro:

Cada quen pode decidir a cantas probas asistir, non sendo obrigatorio ir a todas para poder participar na liga. Cantas máis probas disputes, máis posibilidades terás de sumar puntos para o teu ranking.
06
Que sistema de cronometraxe imos utilizar?
Utilizaremos o sistema SportIdent. Este sistema consta dun dispositivo persoal en forma de pinza ou tarxeta que cada corredor debe levar ao longo da súa carreira e unha serie de "bases", que van a estar colocadas en cada baliza. O sistema é moi fácil de usar. O corredor sae coa súa pinza/tarxeta e, cando chegue á baliza, colocará o seu dispositivo en contacto coa base. Esta emitirá un son cando grave os datos na pinza do corredor e este xa pode continuar coa súa carreira. Unha vez que finalice a proba, cada corredor debe pasar pola Secretaría do evento para descargar o seu dispositivo nunha estación especial e recoller os seus tempos parciais e totais provisionais nun ticket.
Este sistema facilita o tratamento dos datos e impide tamén que se comentan "despistes" na visita ás balizas, xa que grava a orde na que estas foron picadas.
Si o corredor non dispón dunha pinza/tarxeta persoal, poderá alugarlla á organización, sen prezo adicional.
Sempre que se poda e, dependendo da dispoñibilidade do sistema, este será o que se vai a utilizar en toda a liga. Porén, de ser necesario, tamén se poderá utilizar o sistema de tarxeta e pinza clásica.

07
Que necesito?
-
Pinza ou tarxeta SportIdent.
-
Roupa e calzado deportivo.
-
Gañas de pasalo ben facendo un pouco de deporte.
-
Estar moi atentos as novas que iremos publicando nesta páxina relacionadas coa LIGA.