QUÉN SOMOS

Estamos convencidos que o deporte e a actividade física teñen que ocupar un sitio importante na vida das persoas. A súa práctica habitual coloca ao practicante noutro plano, físico, mental e social.

Si esto é importante nos adultos, tanto máis o é nos nen@s e n@s moz@s.

Somos un grupo de persoas que amamos a práctica deportiva e que poñemos o noso esforzo e o noso tempo para tentar difundir esta mensaxe.

QUÉ FACEMOS

Utilizamos as actividades físicas e deportivas no medio natural como vehículo para fomentar a práctica deportiva. Nese entorno, danse as condicións idóneas para traballar cos valores, complemento inseparable da nosa maneira de entender o deporte.

Descubrimos as diferentes modalidaes da orientación deportiva e, desde aquela, utilizamos esta actividade como elemento central das nosas propostas.

ÚLTIMAS NOVAS