top of page

EQUIPACIÓNS

Ao longo do tempo que levamos en actividade, fomos adquirindo algún equipamento, para satisfacer as necesidades de material específico que demandaban as diferentes probas nas que competimos. Aquí podes consultar as prendas das que dispoñemos e que unha vez ao ano intentamos repoñer para os interesados. Os socios poden adquirilas cun precio rebaixado. Si queres máis información ponte en CONTACTO con nos.

Equipación OBM.png
Equipación de OBM e RAID

 

Actualmente o noso provedor é os active Sport. Está composta por un maillot de ciclismo, con tres bolsillos atrás e cremallera completa frontal e por un cullote con tirantes. A badana pódese escoller en varios formatos: de triatlón (recomendable para Raid) e de xel de varias calidades (máis acolchada e máis apropiada para utilizala en probas de OBM).



É unha boa equipación en relación calidade/prezo. Altamente trasnspirable e de moita durabilidade (utilizámola en raid, onde se somete a condicións moi duras). O técido ten unha composición que lle permite secarse rapidamente e non provoca problemas de roces nin molestias. Altamente recomendable.

Camiseta adestramento_edited.jpg
Camiseta técnica de adestramento

 

Adquirímolas como prenda de adestramento e de diferentes marcas, pero ao final acaban participando con nos en numerosas probas, tanto de raid, como carreiras de montaña e incluso en asfalto. Dan bastante bo resultado a pesar do uso intensivo.
Actualmente estamos usando unha da marca Roly de baixo custo e bo resultado. 

Camiseta orientación.png
Pantalón frontal.jpeg
Pantalón traseira.jpeg
Equipación de ORIENTACIÓN A PÉ

 

Tamén da marca OS Active Sport, conxuga a lixeireza e comodidade da prenda cunha alta resistencia as condicións típicas do noso monte. Está composta por unha camiseta de deseño personalizado, de manga corta, con cremallera parcial frontal e por un pantalón técnico, ultralixeiro, de tipo pirata, tamén cun bolsillo na parte posterior.

Alta calidade para unha prenda específica para a nosa modalidade deportiva. Moita comodidade é resultados excelentes despois de testala na orientación no noso tipo de monte.

Cortaventos OBM completo.png
Cortaventos OBM

 

Tamén da marca OS Active Sport. Trátase dunha prenda de ciclismo pensada para protexerse da choiva miuda ou frío lixeiro, pero que todos acabamos usando tamén noutras modalidades como a orientación a pé. Moi lixeira e cómoda, pero o material non é resistente ós enganchóns. Tampouco é flexible i esto nótase especialmente nos brazos, onde queda pegada á pel. Conta con capucha e cunha cremalleira frontal total. Non ten bolsillos e na parte traseira baixa ata protexer a zona dos glúteos.

Manguitos OBM.png
Manguitos OBM

 

Novamente da marca OS Active Sport. son un complemento para protexer os brazos do frío lixeiro ou mesmo da exposición ó sol. Moitos de nos tamén os utilizamos na orientación a pé.

Chándal oficial

 

Actualmente estamos usando un modelo da gama alta da marca JOMA, pero xa está descatalogado polo que estamos buscando sustituto.

bottom of page