top of page

Noticias recentes

Cambio data proba #4: Monte Tahume

21/08/2016

Xa sabemos que todo o mundo anda xa con moitas gañas de collelo mapa e percorrer o monte. Xa sabemos que levamos unha boa tempada sen probas nas que probarnos...

Pero, a pesar diso, imos a ter que esperar un pouquiño máis para reiniciar a nosa liga.

Vémonos obrigados  a retrasar un pouco a proba do Tahume. As obrigacións laborais non permitiron levar a cabo as tarefas de revisión e preparación da proba dentro duns prazos razonables. Ademais, tendo en conta que esta proba vai a ser de tipo Score, polo que as tarefas organizativas van a ser lixeiramente diferentes, parécenos apropiado contar con máis tempo. Decidimos polo tanto, recolocar a proba no domingo 18 de setembro. Coma sempre, 15 dias antes abriremos as inscricións.

Seguide adestrando como, de seguro, fixechedes no veran!!

 

Cambio de datas na Liga Local

21 de marzo de 2014

Por diversos motivos, tivemos que realizar algúns cambios no calendario de probas e alterar a orde dalgunhas delas. Así, a seguinte proba, que non muda de data, será a proba nocturna de Porto do Son. a celebrar o vindeiro 5 de maio. Ide preparando as linternas. Tendes as datas actualizadas no enlace.

Boletín 1 da proba #3 da Liga: Cabeiro-Noal

04 de marzo de 2014

Publicase a primeira información sobre a proba a desputar o vindeiro 16 de marzo na zona de Cabeiro, correspondente a liga local de promoción da Orientación.

Resultados da 2ª proba da Liga

23 de febreiro de 2014

Despois dunha xornada realmente emocionante, onde todos os orientadores/as se enfrentaron a un novo reto, desta vez, nun escenario xa moi real, so nos queda felicitarvos a todos polo voso gran entusiasmo e predisposición para acoller esta modalidade. Vemos que máis de un xa está enganchado...

Aquí vos deixamos os resultados da 2ª xornada. Ao longo da semana publicaremos o ranking despois das suas probas desputadas.

Publicado o Boletín da 2ª proba da liga de orientación

08 de febreiro de 2014

Xa está preparado o primeiro Boletín da proba, onde comezamos a dar detalles sobre a mesma. Tamén está xa dispoñible o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Animádevos a participar!!!

Resultados da primeira proba da liga

03 de febreiro de 2014

Aquí deixamos o ENLACE aos resultados da proba desputada o pasado domingo polas ruas de Porto do Son. A pesar do mal tempo que nos acompañou as sensacións foron moi boas e os participantes parece que desfrutaron moito.

Ídevos preparando xa para o segundo envite que chegara en nada!!

Publicado o Boletín Informativo da primeira proba da liga

22 de xaneiro de 2014

Acabamos de publicar un documento, con información moi interesante, sobre os detalles da primeira proba da liga de orientación que estamos preparando en Porto do Son. Neste Boletín danse detalles importantes sobre a proba así como aclaracións técnicas que lle poden vir moi ben, sobre todo, a aquela xente que non ten experiencia nos deportes de orientación. PINCHA AQUÍ e botalle un ollo !!!

16 de Xaneiro de 2013

A partir de hoxe xa se poden facer as inscricións na 1ª proba da Liga de Orientación, que se corresponde cunha proba urbana no casco da vila. Todas as instruccións están AQUÍ. Recorda que as inscricións estarán abertas ata o martes 28 de xaneiro as 22 horas.

28 de Decembro de 2013

Como cada ano, acábase de celebrar a asamblea xeral da antiga AGACO. Esta é a primeira convocatoria que fai a nosa flamante FEGADO. A orde do dia era extensa e recollía un gran número de puntos a a tratar. Tes un resumo dos mesmos no seguinte enlace.

Fin de tempada de Orientación

30 de Novembro de 2013

O pasado 30 de novembro celebrouse na Torres de Hércules a última proba da temporada, neste caso no formato de relevos. Aproveitouse o evento para a entrega de premios da temporada e as chicas do ARNELA deronnos unha lección a todos de como se fan as cousas. Noraboa !!!

OBM Arteixo

23 de Novembro de 2013

Última proba da Liga Galega de Orientación en bici de montaña, celebrada en Arteixo. Proba moi bonita, con desnivel axeitado e zonas técnicas. O día, ainda que frio, tamén axudou. Noraboa a Yolanda por ese gran 2º posto, que a confirma como 2ª clasificada no ranking final da liga.

Please reload

bottom of page