top of page

COMPETICIÓN

Entendemos a competición como un complemento da práctica deportiva. Axúdanos a mellorar e a poñernos a proba a nos mesmos ao mesmo tempo que nos anima a aprender máis cousas sobre o deporte. Que podo facer para mellorar? A iniciación na competición deportiva é un factor que determina a aprendizaxe nos máis novos. Nela, descobren a realidade do esforzo e da superación, aprenden o concepto de vitoria e prepáranse para afrontar as derrotas sen frustracións, como un paso máis no crecemento deportivo e persoal.

 

Desde o club fomentamos a participación nas diferentes competicións deportivas nas disciplinas que manexamos.

 

De forma regular, participamos en ligas regulares de orientación a pé (O-Pé), orientación en bicicleta de montaña (OBM) e de Raids de aventura. Iniciamos a calquera que queira descubrir estas modalidades, amosándolle os primeiros pasos e dándolle o asesoramento adecuado para que poida gozar do deporte.

Ademais, servimos de ponte entre o deportista novel e os formalismos que hai que seguir tanto en aspectos federativos como nas inscricións nas probas.

 

Tamén competimos en outras modalidades deportivas que poden ser de interese para os socios: running, trails de montaña, duatlóns, bicicleta de montaña, etc.

Ponte en CONTACTO con nós e forma parte de calquera dos nosos equipos de competición.

bottom of page