top of page

ACTIVIDADES

9 Proba da XXXII da Liga Galega O-PÉ 2023

9 Proba da XXXII da Liga Galega O-PÉ 2023

9ª proba da Liga Galega de O-Pé do 2023 a celebrarse no monte Enxa, nunha bonita zona tanto polas condicións para a orientación como polo entorno (paisaxes, vistas,...).

Máis información

14ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé - Monte Iroite

14ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé - Monte Iroite

14ª proba e derradeira da presente Liga Galega de OPé a celebrarse nun mapa de nova creación nunha bonita zona tanto polas condicións para a orientación como polo entorno (paisaxes, vistas,...).

Máis información

IV MTBO de Porto do Son

IV MTBO de Porto do Son

O vindeiro 4 de setembro do 2021 vaise celebrar a IV edición da MTBO de Porto do Son.

Organizada polo noso club ADC Arnela, constará de dúas carreiras diferentes:

• 3a Liga Galega Distancia Media

• 4a Liga Galega Campionato Galego Sprint

Debido á situación actual provocada polo Covid, tan só estarán abertas ás categorías federadas.

Podes atopar toda a información picando nos enlaces de cada proba á web da Fegado.

Liga Local Orientación Porto do Son 2019

Liga Local Orientación Porto do Son 2019

... e aquí estamos de novo!! Despois dun ano cheo de traballo e sen poder atender debidamente as demandas dos xa "expertos" orientadores que temos no noso Concello, non quixemos deixar escapar o ano sen retomar a nosa actividade estrela.

Cun formato máis reducido, contaremos nesta 6ª edición cunha liga composta por cinco probas que percorrerán os mapas máis emblemáticos do noso concello.

Esperamos a vosa participación!!

Liga Local Orientación Porto do Son 2018

Liga Local Orientación Porto do Son 2018

E aquí estamos de novo, comezando unha nova tempada de orientación. Desde esta entrada poderedes consultar tódolos datos concernentes a nosa liga, desde probas, regulamentos, resultados, etc.

Os que xa participaches en algunha proba do ano pasado, xa sabedes de que vai e, aqueles que non tiveches oportunidade, non deixedes pasar a ocasión de probar unha modalidade deportiva especial e única.

Animádevos a participar!

Cara a Cara

Cara a Cara

Evento asociado ó XTosín Trail.

Nesta ocasión, imos a completar a oferta deportiva que nos propoñen os nosos amigos de Arousa NeO. O sábado 19 de Maio vaise celebrar na vila de Portosín un trail e, para promocionar o noso deporte, propuxéronnos preparar algunha actividade sen demasiada dificultade técnica e con caracter lúdico. Cal podía ser?? Un Cara a Cara.

Entérate en que consiste esta competición e non dubides en retar os demais participantes.

IV Liga Promoción Orientación   |  Concello Porto do Son

IV Liga Promoción Orientación | Concello Porto do Son

... e aquí estamos de novo!! Despois dun ano cheo de traballo e sen poder atender debidamente as demandas dos xa "expertos" orientadores que temos no noso Concello, non quixemos deixar escapar o ano sen retomar a nosa actividade estrela.

Cun formato máis reducido, contaremos nesta 4ª edición cunha liga composta por tres probas que percorrerán os mapas máis emblemáticos do noso concello e contando coa incorporación do novo mapa da Enxa.

Esperamos a vosa participación!!

III Liga Promoción Orientación Concello de Porto do Son

III Liga Promoción Orientación Concello de Porto do Son

Non hai duas sin tres!! Novo ano, nova liga. Eso si, desta volta preséntanse sorpresas. Imos a aproveitar esta liga de promoción para darlle unha volta as posibilidades que nos brinda a orientación e presentarvos unhas actividades diferentes e variadas. Atentos as novas!!

II Trofeo OBM Porto do Son

II Trofeo OBM Porto do Son

E por segundo ano consecutivo, inaguramos a Liga Galega de Orientación en Bicicleta de Montaña nas nosas Terras. Estamos preparando unha proba que satisfaga tanto os expertos orientadores coma a aqueles que se acheguen por primeira vez a esta fermosa disciplina.

SONRAIDER 2015

SONRAIDER 2015

Unha vez superadas unhas pequenas dificultades de última hora, aquí estamos presentando o novo evento deste axitado 2015: a organización do noso primeiro Raid de Orientación. Trátase dunha modalidade de gran beleza, que pon a proba os límites de tódolos participantes. Animámosvos a seguir a información o respecto.

I Trofeo de OBM Porto do Son

I Trofeo de OBM Porto do Son

Estrenámonos como organizadores a nivel autonómico cunha proba de Orientación en Bicicleta de Montaña. Esta modalidade, ainda que non está tan estendida coma as outras disciplinas da orientación deportiva, ten un potencial tan alto que estamos seguros que a tódolos amantes das duas rodas lles vai a encantar. Animávosvos a que probedes este deporte. Non vos vai a defraudar!

II Liga de Orientación Concello de Porto do Son

bottom of page