ESCOLA
DE
ORIENTACIÓN
Un dos principais obxectivos que persigue o noso club e fomentar a práctica deportiva entre @s máis nov@s. Por iso, estamos traballando nunha escola que atenda a formación d@s nen@s. Neste 2025 queremos botala definitivamente á andar.
Desde o ano 2018 vimos organizando en colaboración co programa XOGADE un Campionato escolar zonal anual e no 2023 e 2024 organizamos a maiores o Campionato escolar provincial.
Tamén facemos colaboracións puntuais nas actividades para nenos organizadas no noso concello en época non lectiva.



ESCOLA DEPORTIVA
A través da Escola Deportiva perseguimos unha forma de facer chegar a Orientación aos máis pequenos. Propoñeremos un formato de 2 sesións semanais, compostas por adestramentos e ensinanza dos principios da orientación deportiva, integrando clases no pabillón deportivo con actividades no entorno da vila, para que os alumnos poidan ir construindo unha base de coñecemento adecuada.
Pica no cartel para ter máis información e para coñecer o proceso de inscrición.
"COÑECE O MEU CLUB"
Desde esta actividade, promovida polo Programa Xogade da Xunta de Galicia, os centros escolares poñense en contacto cos clubs deportivos da propia localidade para que desenvolvan durante unha xornada unha sesión de presentación da súa modalidade deportiva. Durante o 2013 realizamos esta actividade no CEIP de Portosín e no IES de Porto do Son.
Tentaremos vover a poñer en marcha este proxecto, xa que impulsa como ningún outro o coñecemento do noso deporte entre os rapaces.