top of page

HISTORIA

Despois de varios anos gozando do monte e da actividade física (carreiras, bicicleta de montaña, escalada,...) decidimos crear o noso propio club, de xeito que puidésemos fomentar estas afeccións no noso pequeno círculo de influencia.

Así foi como no ano 2011 decidimos crear o club. Nun primeiro momento naceu con clara vocación deportiva, aínda sen deixar de lado os aspectos culturais, históricos i etnográficos que envolven Porto do Son.

Logo de máis de vinte anos seguimos en plena evolución, dirixindo os nosos esforzos tanto, por un lado, á difusión do deporte e a formación das categorías de base, presentando as disciplinas deportivas da orientación como unha boa alternativa educativa e formativa, como, por outro, a ofertar esta disciplina deportiva como unha opción moi recomendable para persoas de calquera idade á hora de facer unha actividade física básica ou moderada.

A maioría da xente que nalgún momento probou esta disciplina queda ligada a ela dalgún xeito e adoita a repetir cando ten ocasión de facelo ou mesmo a integrarse máis a fondo neste mundo de símbolos, camiños, balizas, monte, controis, rúas, tarxetas, parques, mapas,...

bottom of page