VIII ORIENTASON 2025 | CONCELLO DE PORTO DO SON
Estamos traballando para poñer en marcha unha nova edición para este 2025
Proba # 2
PORTOSÍN - URBANA
23 de Xuño



Proba # 3
MONTE CABEIRO
1 de Setembro
Proba # 6
PORTO DO SON - URBANA
28 de Decembro

Proba # 1
NEBRA
12 de Maio
Proba # 4
MONTE ENXA
20 de Outubro
Proba # 5
PORTO DO SON - MICROSPRINT
7 de Decembro


01
02
Carreiras de orientación. Que é iso?
É unha modalidade deportiva que normalmente se realiza no medio natural. Consiste en recorrer un itinerario determinado, visitando uns puntos de control nos que hai colocadas unhas balizas, ca única axuda dun mapa e, ás veces, dun compás.
Pero, a min non me gusta correr...
Non te preocupes, non é necesario. Este deporte está adaptado a tódolos niveis e ademais, na iniciación e recomendable non correr, xa que o máis importante e desenvolver a capacidade de ler o mapa. O lema deste deporte é "primeiro pensa, despois corre".
03
04
Como vai a ser esta liga?
Nas categorías de Iniciación as probas serán todas na modalidade de orientación a pé (O-Pé). Na categoría de Adestramento tentaremos introducir variantes dentro da mesma modalidade das que iremos informando puntualmente en cada unha das probas. A nosa intención é que poidamos experimentar varias das posibilidades que nos ofrece a orientación e por iso tentamos recoller tódolos gustos e preferencias dos practicantes. Mantemos os mapas que son referencia no noso concello e introducimos algún novo.
Que teño que facer para inscribirme?
-
Pincha na cabeceira desta páxina na proba na que te queres inscribir.
-
Cubre o formulario de inscrición da proba a través da web de inscricións.
ON LINE
Se tes dúbidas CONTACTA con nos.
05
E canto custa?
Cada participante terá que pagar, por cada unha das probas as que asista, unha pequena cantidade. No cadro aparecen as cotas do 2024 que mostra o cadro:

Cada quen pode decidir a cantas probas asistir, non sendo obrigatorio ir a todas!
06
Que sistema de cronometraxe imos utilizar?
Utilizaremos o sistema SportIdent. Este sistema consta dun dispositivo persoal en forma de pinza ou tarxeta que cada corredor debe levar ao longo da súa carreira e unha serie de "bases", que van a estar colocadas en cada baliza. O sistema é moi fácil de usar. O corredor sae coa súa pinza/tarxeta e, cando chegue á baliza, colocará o seu dispositivo en contacto coa base. Esta emitirá un son cando grave os datos na pinza do corredor e este xa pode continuar coa súa carreira. Unha vez que finalice a proba, cada corredor debe pasar pola Secretaría do evento para descargar o seu dispositivo nunha estación especial e recoller os seus tempos parciais e totais provisionais nun ticket.
Este sistema facilita o tratamento dos datos e impide tamén que se comentan "despistes" na visita ás balizas, xa que grava a orde na que estas foron picadas.
Si o corredor non dispón dunha pinza/tarxeta persoal, poderá alugarlla á organización, sen prezo adicional.
Sempre que se poda e, dependendo da dispoñibilidade do sistema, este será o que se vai a utilizar en toda a liga. Porén, de ser necesario, tamén se poderá utilizar o sistema de tarxeta e pinza clásica.

07
Que necesito?
-
Pinza ou tarxeta SportIdent.
-
Roupa e calzado deportivo.
-
Ganas de pasalo ben facendo un pouco de deporte.
-
Estar atentos as novas que iremos publicandonesta páxina (e RRSS) relacionadas coa OrientaSon.